CRTVG

Buscar

Unha menor de 14 anos morre ao caer dunha canoa nun río en Cantabria

Publicado o 04/07/2020 17:29

A rapaza de 14 anos que morreu tras caer da canoa coa que realizaba o descenso do río Cares era madrileña e estaba nun campamento de verán na localidade cántabra de Comillas.

Vinte adolescentes e catro monitores realizaban o descenso fluvial xa en Asturias cando a embarcación de dúas prazas na que ían dúas rapazas envorcou nunha zona de rápidos e rochas. As ocupantes saíron despedidas e só unha delas saíu a flote. O grupo logrou non sen dificultades alertar o 112, que, despois de varias horas de traballo e tras localizaren o corpo os mergulladores da Garda Civil, logrou izar o cadáver xa pola noite para trasladalo ao instituo anatómico forense de Oviedo, onde se lle realizará a autopsia.


 

Noticias web

04/07/2020