CRTVG

Buscar

Unha masa de aire africano eleva os termómetros por riba dos 40 graos

Publicado o 22/06/2020 14:45

Soben as temperaturas dun xeito inusual para esta época do ano, debido á masa de aire africano que se despraza pola Península Ibérica.

O occidente e o suroeste están especialmente afectados. En Andalucía, as provincias do val do Gualdalquivir, como Córdoba ou Sevilla, van sufrir temperaturas de ata 40 graos. Están en alerta laranxa.

Nesta primeira semana de verán, en Estremadura as dúas Castelas e Madrid están activados tamén avisos por intensa calor. En Ávila e Salamanca, en Castela e León, e no val do Texo, en Castela-A Mancha, os termómetros poden acadar máis de 38 graos. Está decretada a alerta amarela.

A Axencia Nacional de Meteoroloxía prognostica que hoxe a calor castigará, sobre todo, o terzo occidental, pero mañá vai ser o norte peninsular o máis afectado por esta masa de aire quente, unha situación que é moi probable que persista durante boa parte da semana.

Noticias web

22/06/2020