CRTVG

Buscar

Unha liorta entre varios rapaces en Baiona deixa cinco feridos

Publicado o 15/07/2020 14:53

Estas imaxes gravadas polos veciños forman parte desa caótica noite do sábado en que unha pelexa entre varios rapaces deixa o tráxico balance de cinco feridos. Tres deles tiveron que ser trasladados a un hospital con lesións por arma branca.

Os veciños e veciñas de Baiona aseguran que esta é unha zona onde se congrega dende hai anos a mocidade para facer botellón. Piden máis medidas de seguridade, sobre todo neste primeiro verán poscovid.

Baiona é un deses concellos que triplica a súa poboación en verán. Por iso dende o Concello estudan medidas adicionais para loitar contras as aglomeracións nocturnas e este tipo de agresións.

Presisamente esta pasada fin de semana a Policía Local de Baiona tivo que desaloxar varios locais nocturnos por mor das aglomeracións e pechar con valados este parque da Palma. Dende o Concello tamén apelan á responsabilidade individual para que non se repitan este tipo de situacións.

Noticias web

15/07/2020