CRTVG

Buscar

Unha imaxe viral: calma cunha aperta a ansiedade dun enfermo de covid−19 con síndrome de Down

Publicado o 28/01/2021 08:20

Unha foto feita nun hospital do Brasil fixo viral unha emotiva historia. Un sanitario abraza un paciente de covid−19 con síndrome de Down angustiado pola asfixia que lle provoca a enfermidade.

O enfermeiro non dubidou en abrazalo para calmalo e darlle osíxeno, aínda que non levaba máis protección que a máscara e as luvas. A imaxe resume a humanidade e a empatía detrás do traballo dos sanitarios.

Noticias web

28/01/2021