CRTVG

Buscar

Unha furgoneta con 52 inmigrantes irrompe na fronteira de Ceuta

Publicado o 18/11/2019 08:24
Unha furgoneta con 52 inmigrantes irrompe na fronteira de Ceuta

Unha furgoneta con 52 inmigrantes subsaharianos logrou atravesar a fronteira de Ceuta lanzándose a toda velocidade contra a entrada do Tarajal.

O suceso produciuse sobre as catro da madrugada deste luns, cando o vehículo kamikaze rompeu as portas do paso fronteirizo do Tarajal cos inmigrantes, catro dos cales tiveron que ser trasladados ao hospital, segundo sinalaron a Efe fontes policiais. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí