CRTVG

Buscar

Unha forte treboada causa danos cuantiosos no concello da Veiga

Publicado o 25/06/2020 13:19

A provincia de Ourense pasou en cuestión de horas dunha calor abafante ás treboadas. A zona máis oriental da provincia, o concello da Veiga, foi a máis afectada pola forte chuvia e pola sarabia. Caeron 35 litros por metro cadrado en só unha hora.

A pedra, de grandes dimensións, danou cultivos e tamén mobiliario coma neste bar da localidade. Ademais, a auga entrou en numerosos baixos e causou perdas importantes. Toda a provincia está en aviso amarelo por treboadas.

Noticias web

25/06/2020