CRTVG

Buscar

Unha fochanca obriga a cortar o acceso á parroquia viguesa de Navia

Publicado o 25/09/2019 13:31

Unha fochanca de metro e medio de lonxitude e varios metros de fondo obrigou a cortar a estrada de acceso á parroquia viguesa de Navia. Este afundimento da calzada impide dende hai tres días o paso dos vehículos.

Os veciños da zona xa presentaron múltiples denuncias porque se ven obrigados a dar un gran rodeo para poder accecer ás súas casas. Os residentes levan meses avisando das fendas na estrada, causadas polo tránsito dos camións. Agora quéixanse de que ninguén lles comunicou o corte de tráfico.

Como medida de precaución, a Policía Local valou a zona, e calculan que a estrada permanecerá cortada unha semana.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/09/2019