CRTVG

Buscar

Unha familia de Vila de Cruces participa nun estudo despois de dar positivo

Publicado o 15/04/2020 15:32

Luis foi o primeiro que tivo síntomas. Malestar estomacal e febre que foi en aumento co paso dos días. O test confirmou o positivo por COVID-19. Cristina foi a segunda en experimentar síntomas. No seu caso, dor de cabeza. Gonzalo, o pequeno da familia, tivo febrícula. Guillermo non experimentou ningún síntoma, pero o test tamén confirmou o seu positivo. Os catro pasaron o coronavirus. Non precisaron hospitalización e seguen baixo seguemento domiciliario a través da aplicación telemática do SERGAS, a TELEA.

Agora participan nun estudo do hospital clínico de Santiago que pretende coñecer a influencia xenética na evolución do COVID.

Os catro agardan a que todo isto pase para volver abrazar os seus.

Noticias web

15/04/2020