Unha familia de Vigo recupera a súa vivenda tras 20 meses de impago do alugueiro
Publicado o 02/11/2020 20:02
Levaban meses agardando este momento e, por fin, recuperaron as chaves da súa casa. Tras abrir a porta, tiñan medo por ver como se atopaba o seu interior. Duante 20 meses viviu unha amiga na casa sen pagar alugueiro. Nuria recibiu a súa chamada para dicirlle que lle devolvía as chaves da casa.
A parte de arriba da vivenda estaba limpa e recollida, pero a sorpresa levárona ao abrir o baixo. Decatáronse de que lles faltaba algunha cousa.
Nuria e Miguel foron denunciados polos ocupantes por ameazas e agora están pendentes da sentenza. Aseguran que o seu avogado continuará preiteando para rescatar todo o que lles falta. Tras recuperar a súa vivenda, terán unhas cantas xornadas de limpeza.
Máis sobre Vigo
21/01/2021 15:18