CRTVG

Buscar

Unha exposición itinerante amosa décadas de bandas deseñadas de Luís Davila e de Gogue

Publicado o 30/04/2019 19:08

O humor galego senta cátedra, ou polo menos, debuxaráse como formación nas aulas. Gogue Rodríguez López. Humorista gráfico, debuxante e ilustrador: "A Uned escolleu o tema do humor gráfico galego para unhas novas formacións, charlas e coloquios... Escolleu o tema da nosa expresión... Levei unha alegría grande, porque significa que ata a universidade se toman moi en serio o humor".

O humor gráfico galego, amais de ás aulas internacionais, chega ás rúas galegas. Escollendo coma punto de partida Vigo, xa todos podemos gozar de décadas de bandas deseñadas galegas grazas a unha nova exposición ao aire libre que irá viaxando por distinas vilas e localidades de toda Galicia.

Gogue Rodríguez López. Humorista gráfico, debuxante e ilustrador: "Inauguramos unha exposición espectacular que se moverá por distintas vilas e cidades de toda Galicia, con obras de humor gráfico do compañeiro Luís Davila e miñas. É unha aposta do Faro de Vigo para visibilizar o valor da ilustración nos medios de comunicación. Son 160 bandas deseñadas, dos dous, impresas nuns cubos enormes de exterior. É o que máis sorprende e valoro, que a xente goce delas mentres fai a súa vida diaria na rúa... Que a gocen... Amais acábase de estrear a edición de dous libros ao respecto, un dos meus traballos de caricatura de Floreano e outro cos do Bichero de Luís Davila. "Como profesional comecei en 1981. Fixen moitas caricaturas, deportivas, internacionais... Logo comezaba, a diario a etapa que máis me enche, a das ilustración gráficas de humor co meu personaxe Floreano que nace en 1989... E vive ata hoxe... Amais sego colaborando en moitos medios de todo o mundo, internacionais. Un exemplo da miña traxectoria son os traballos para o 'Washington Post'. Fíxenlles por exemplo toda a serie de caricaturas das eleccións presidenciais de 2016. Polos meus traballos nese xornal americano se cadra foi polos que levei algúns dos premios que lles teño máis cariño, polo menos pola dificultade para conseguilos, os Premios José Martí. Son uns premios internacionais aos que concorren cada ano todos os medios con edicion hispanaoamericana. Conseguín galardón tres anos seguidos, dúas medallas de bronce e e unha de prata".





 

Noticias web

30/04/2019