Unha explosion de gas derruba parte dun edificio en Torrevieja
Publicado o 19/11/2020 14:04
Unha explosión de gas derrubou parte dun edificio en Torrevieja, Alacante, pero non causou feridos.
A vivenda en que se produciu a explosión estaba baleira e había varias bombonas de butano e gasolina, polo que se sospeita que foi intencionada. Segundo os veciños, o dono dese domicilio ameazara en varias ocacións con voar o inmoble enteiro.
O suceso ocorreu pasadas as seis da madrugada. Trozos de paredes, mobles e electrodomésticos saíron disparados e provocaron danos en coches que estaban aparcados na rúa. A policía segue buscando o propietario do piso, despois de que se comprobara que non estaba entre os cascallos.
Máis sobre actualidade
04/03/2021 21:48