CRTVG

Buscar

Unha enquisa de 'La Región' incide na maioría absoluta de Feijóo en Galicia

Publicado o 08/03/2020 12:53

Protagonismo un día máis para as enquisas sobre as eleccións galegas. La Región divulga hoxe unha sondaxe que prefigura a continuidade de Núñez Feijóo e do Partido Popular á fronte da Xunta.
O rotativo ourensán destaca na portada deste domingo que "Feijóo amarraría hoxe a maioría nun 5-A sen cambios decisivos".

O Partido Popular obtería entre 40 e 42 escanos, mesmo coa posibilidade de mellorar os resultados de hai catro anos. Os socialistas conseguirían entre 13 e 14 deputados (tiñan 14). Nesta enquisa, Galicia en Común, con entre 11 e 13 escanos, sitúase por diante do BNG, que obtería de 7 a 9. Entre 0 a 2 deputados son atribuídos a outras formacións, como Vox e Ciudadanos.

Noticias web

08/03/2020