CRTVG

Buscar

Unha empresa hortícola de Riotorto multiplicou as súas vendas nestes días grazas ao envío a domicilio

Publicado o 24/05/2020 20:47

A calidade e a comodidade impúxose durante estes días de confinamento. Unha empresa hortícola de Riotorto multiplicou as súas vendas nestes días grazas ao envío a domicilio. 


Mentres toda España estaba parada, Javier continuou traballando. Non lle quedaba outra. É agricultor e o campo marca os seus tempos. O campo e a demanda, porque cada xornada a petición dos seus produtos ía a máis.

Os seus produtos chegan a todas partes. Ten tres tipos de clientes: unha cadea de supermercados, a hostalería e as tendas de barrio, ademais da venda por internet que durante a alerta sanitaria foi a que máis aumentou.

Xavier sempre quixo traballar e vivir do campo. Montou o seu negocio hai sete anos, en plena crise, pero de seguida se adaptou aos tempos. Hoxe canda el traballan dezaseis persoas, que inclúe como parte do seu éxito.




 

Noticias web

24/05/2020