CRTVG

Buscar

Unha empresa galega traballa nun sistema de desinfección para os accesos a espazos púbicos

Publicado o 14/04/2020 14:23

E xa á marxe das máscaras, outras iniciativas para conter a pandemia: como a dunha empresa galega que traballa nun sistema de desinfección para os accesos a espazos púbicos.

Trátase de túneles de desinfección fabricados a parir de contedores marítimos. A idea é atravesalos antes de acceder a lugares públicos para eliminar os virus que levemos enriba. O invento desinfectaríanos e ao mesmo tempo mediría a nosa temperatura, dando a voz de alarma se temos febre.

Á espera de que o Ministerio de Sanidade lle dea o visto e prace, este proxecto podería estar funcionando en dez días.

Noticias web

14/04/2020