CRTVG

Buscar

Unha empresa galega produce xamón baixo en sal

Publicado o 02/09/2019 21:37

Aínda que o sal é un elemento imprescindible no curado dos xamóns, o método implementado nesta empresa fai que o xamón serrano sexa apto para persoas cunha dieta baixa en sal. O secreto reside en baixar a dose no proceso de secado.

A Fundación Española do Corazón acaba de avalar como saudable este xamón criado e producido en Galicia. Presenta 3,7 gramos de sal por cada 100 de xamón, un 25 por cento menos ca a media do mercado.

A raza, a alimentación e a crianza do porco inciden no sabor final do produto. Sabiamos xa que é moi gustoso. Agora vemos que o xamón incluso pode ser bo para a saúde.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/09/2019