CRTVG

Buscar

Unha empresa galega, mellor integrador audiovisual de Europa

Publicado o 12/08/2020 15:04

Trison empezou hai 20 anos sonorizando espazos e colocando pantallas en negocios. Hoxe, a empresa dixitaliza tendas, edificios, concesionarios.

"Facemos contidos para esas pantallas, mesmo á conceptualización dun espazo aburrido dámoslle un enfoque tecnolóxico e de márketing para que a comunicación deses centros sexa moito máis fluída", afirma Rafael Sánchez, director financeiro de Trison. 

E que deixa solucións tan innovadoras como esta no aeroporto de Viena. Un muro led que complementa unha tenda e que provoca a admiración de calquera. Porque hoxe comprar nestes espazos xa non é comprar, é unha experiencia.

"Para iso dotamos os mesmos de sistemas de aromatización, pantallas, sistemas de son... para que teñan a mellor experiencia de márketing sensorial e achegamos as ferramentas de comercio electrónico para que tamén leven esa experiencia de servizo", comenta Alberto Cáceres, director executivo de Trison.

A pandemia, unha oportunidade

O servizo nos últimos tempos está condicionado pola covid-19. En Trison, como as grandes empresas, veno como unha posibilidade para innovar. Como por exemplo, con probadores dixitais cos que xa non fai falta probar a roupa. Proxectos destacados cos que conseguen liderar por segundo ano consecutivo a clasificación de integradores audiovisuais de toda Europa.

Noticias web

12/08/2020