CRTVG

Buscar

Unha empresa galega crea unha máscara para facer deporte

Publicado o 15/07/2020 20:53

Mentres se practica deporte na nosa comunidade o uso da máscara non é obrigatorio. Unha firma galega, Idawen, creou unha pensada para os deportistas. Incorpora válvulas de exhalación que poden ser cambiadas por uns clips de selado que evitan as fugas.

A máscara incorpora dous filtros diferentes e intercambiables, un de protección antibacteriana e un con protección antivírica para situacións de maior proximidade social. A máscara é reutilizable mediante un simple lavado. En pouco máis dun mes venderon máis de 3.000 unidades.

A próxima semana van participar nun estudo xunto co equipo de Pneumoloxía do Álvaro Cunqueiro sobre a máscara no ámbito deportivo en época de covid-19.
 

Noticias web

15/07/2020