CRTVG

Buscar

Unha empresa galega consegue xerar enerxía eléctrica e conectarse á Rede

Publicado o 29/03/2019 16:50

Unha empresa galega convértese na segunda en todo o mundo capaz de producir enerxía eléctrica empregando ás correntes mariñas e conectarse á Rede con éxito. Trátase de Magallanes Renovables, que desenvolveu unha plataforma mareomotriz con tecnoloxía propia e que o pasado verán puxo rumbo, dende o porto de Vigo ata as illas Orcadas, en Escocia. Alí conseguiron xerar electricidade grazas ás correntes mariñas e conectarse á Rede. A plataforma ten capacidade para abastecer entre 1.000 e 1.500 vivendas. Segundo as estimacións da Axencia Internacional da Enerxía, as mareas poderían xerar mais dun 7% de toda a enerxía mundial.

 

Noticias web

29/03/2019