Unha empresa española punteira para fabricar as xiringas nas que se dispensarán as vacinas da covid-19
Publicado o 28/11/2020 14:27
Unha empresa da localidade oscense de Fraga vai ser crucial no éxito para lograr inmunizar á poboación mundial do coronavirus. A factoría que a multinacional da tecnoloxía médica Becton Dickinson (BD) ten neste concello de Huesca xa fabricou máis de 400 millóns das súas xeringas especiais para o proceso de vacinación previsto. Contará cunha liña adicional para a fabricación en 2021.
As xeringas convencionais poden desaproveitar ata un 15 por cento do que se vai inxectar, pero esta conta cun dispositivo interno que permite o máximo aproveitamento da vacina.
O seu producto xa o vendeu en España, os Estados Unidos, o Canadá, Alemaña e o Reino Unido.
Máis sobre actualidade
22/01/2021 14:10