CRTVG

Buscar

Unha empresa de Sarria é pioneira na fabricación e venda de implantes dentais

Publicado o 27/03/2019 14:07

A simple vista pode pasar desapercibida, pero aquí está a sede central dunha firma pioneira en Galicia. Nesta empresa de Sarria especializáronse en implantoloxía dental e apostaron por crear eles mesmos o que lles colocaban aos seus pacientes, e realizan aquí o 95% do proceso de fabricación.

Os seus produtos comercialízanse agora non só en España e Portugal, senón tamén no resto de Europa e noutros moitos países como Dubai ou Colombia.

Na actualidade contan con máis de medio cento de traballadores que agardan ampliar a uns 150 da man de novos proxectos como a creación dun centro de formación odontolóxica en Sarria.

Noticias web

27/03/2019