CRTVG

Buscar

Unha empresa de Noia desinfecta os espazos públicos da vila

Publicado o 06/05/2020 14:25

Unha empresa noiesa con 40 anos de experiencia no sector da limpeza de edificios e o matemento de xardíns aproveitou a actual crise sanitaria para ampliar o seu ámbito de actuación coa desinfección de espazos públicos e locais comerciais.

Unha decisión que lle permitiu conservar o seu cadro de persoal e pensar xa en amplialo con novas contratacións. Pedro é o xerente dunha pequena empresa de Noia que se encarga agora de desinfectar os espazos públicos da localidade coruñesa.

Partindo dunha experiencia previa no sector da limpeza de edificios e o mantemento de xardíns, a chegada da pandemía impulsouno a ampliar e reorientar a súa traxectoria empresarial.

As perspectivas son boas e xa pensa nunha ampliación do negocio: "Imos tendo bastante máis carga de traballo, non tiven que botar a ninguén á rúa e vémonos, ao mellor, coa posibilidade de ter que coller máis xente para traballar".

O primeiro paso foi unha formación exhaustiva de todo o persoal da empresa para manexar os produtos desinfectantes e o xeito de aplicalos.

Ata agora só traballaron en espazos grandes ou abertos, pero xa están preparados para facelo nos locais comerciais a medida que vaian abrindo.

"Vai cuns vapores de altas temperaturas con produto desinfectante, co cal garantimos a máxima seguridade".

Para evitar riscos, nos traballos de desinfección utilizan produtos que minimizan o impacto ambiental.

Noticias web

06/05/2020