CRTVG

Buscar

Unha empresa de Nigrán fabrica pezas para duplicar o uso dos respiradores

Publicado o 06/04/2020 14:06

Estas pezas permiten que un mesmo respirador auxilie dous pacientes ao mesmo tempo. Parecen sinxelas, pero deben cumprir certos criterios para que poidan ser empregadas en hospitais. Unha empresa de Nigrán, que se dedica á enxeñería e impresión en 3D, buscou a maneira de fabricalos e podería producir ata 100 ao día. Din que contan cos mellores materiais do mercado.

Traballan en colaboración con Asime e coa Universidade de Vigo. As pezas que producen están xa a ser testadas en varios hospitais galegos.

Mesmo deseñaron unha peza que permite conectar tres persoas a un mesmo respirador, pero confían en que non sexan necesarios.

Tamén deseñaron pezas para adaptar máscaras de mergullo tanto para empregalas unidas a respiradores ou como equipos de protección individual.

Noticias web

06/04/2020