CRTVG

Buscar

Unha empresa de Cambre é a primeira que ofrece alugueiro de bicicletas en Galicia

Publicado o 07/05/2019 22:03

A mobilidade sostible, que se está impoñendo especialmente nas cidades, tamén está motivando cambios nos hábitos de consumo dun medio de transporte tradicional como é a bicicleta. Unha empresa de Cambre é a primeira que ofrece alugueiro de bicicletas en Galicia.

Bicicletas de montaña, de carreiras ou eléctricas. Non importa o modelo ou o uso que se lle queira dar. Esta empresa de Cambre ofrece a posibilidade de dispoñer dunha bici en alugueiro.

Detrás deste modelo de negocio unha tendencia que se está a impoñer: a aposta polos transportes respectuosos co medio dentro do que se coñece como economía circular.

Polo de agora, os que están a amosar maior interese por adquirir bicicletas en alugueiro son os deportistas, pero a idea é que esta práctica se estenda ao resto de usuarios.








 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/05/2019