CRTVG

Buscar

Unha elfa invita os nenos a gozar as sorpresas do Nadal

Publicado o 20/12/2019 14:46

Monicrequeiro, escenógrafo, artesán e con moito conto, o artesán da madeira Luchi Iglesias lévase moi ben cos nenos. Con eles e cos elfos. E por iso esta semana está prensentándolles aos escolares de Lalín a elfa Navia, cando se deixa ver..., que vai ser a embaixadora do Nadal deste ano en Lalín para animalos a gozar coma nunca e ter un Nadal de conto.

"Navia é personaxe máxica, en feminino, unha elfo que acompaña no soño os nenos durante o Nadal e todo o ano para axudalos a conseguir os seus soños persoais", di Luchi.

Luchi e Navia invítanos a visitar a aldea miniatura do Nadal que xurdiu na praza da Igrexa eses días grazas á colaboración do artesán coa Concellería de Comercio. Unha das casas fíxoa el. Oresto son de compañeiros e carpinterías que colaboraron con moito mimo. Quedou así de chula con 5 casiñas de madeira de cores ás que se suma unha máis grandiña que acolle o espírito do Nadal. Atentos, este sábado 21 estará Papá Noel alí sentado ao carón do lume.

"Eu quería darlle un toque así moi de conto, eu son monicrequeiro, escenógrafo, e quería darlle toque de conto, que sempre me gustou de nenos, e quería que tivese ese toque máxico".

Os dous, canda o garda da aldea, visitan esta semana todos os colexios de Lalín para invitar os máis cativos a vivir a mancheas a maxia do Nadal, entre humanos e criaturas fantásticas.

Noticias web

20/12/2019