CRTVG

Buscar

Unha edición do Naseiro preocupada pola contorna

Publicado o 25/08/2019 22:10

Continúa o Naseiro en Viveiro, unha festa de interese turístico galego tamén coñecida coma a romaría do bo xantar:  a comida ten o seu protagonismo, pero tamén a troula. Amigos e familias toman a contorna do río Landro, pero este ano coa prohibición de ocupar as beiras. Tampouco está permitido o descenso polo río. 

No Naseiro non madrugan porque a troula foi longa. Durante case unha semana familias e grupos de amigos trasládanse a vivir a estas parcelas que contan con todo o necesario para pasalo ben.

A festa do Naseiro é unha cita tradicional que serve para despedir o verán. Coñecida como a romaría do bo xantar, este ano conta con novidades. Para protexer a contorna, non se permite a instalación das parcelas na beira do río nin o descenso do Landro.

O que non cambia no Naseiro son as ganas de gozar desta festa declarada de interese turístico galego.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/08/2019