Unha dobre escala de cruceiros arrinca a mellor semana de tráfico marítimo en Vigo
Publicado o 24/09/2019 13:37
Dobre escala de cruceiros hoxe no porto de Vigo. Comeza a mellor semana do ano no que respecta ao turismo marítimo. 15.000 cruceiristas chegarán a Vigo estes días. Hoxe fan escala na cidade os transatlánticos MSC Poesía e Braemar, que en total traen 5.000 pasaxeiros a bordo. Aínda así o día de maior tráfico de cruceiristas será o venres, cando recalarán 3 transatlánticos, que son xa vellos coñecidos na cidade olívica: O Ventura, o MSC Preziosa e o Costa Mediterránea.
Máis sobre Galicia
14/04/2021 17:29
14/04/2021 17:15