CRTVG

Buscar

Unha deputada de ERC di no Congreso que "en España a policía tamén matou por racismo"

Publicado o 09/06/2020 20:46

Tensión na comisión de reconstrución do Congreso. Á conta do movemento mundial contra o racismo, unha deputada de ERC asegurou que "en España a policia tamén  matou por racismo".

Patxi López, que preside a comisión, decidiu retirar esas palabras do diario de sesións malia as protestas da deputada republicana. Unidas Podemos e a CUP defendéronna.

"Aquí a policía tamén matou persoas por racismo e o Goberno español igual non o potenciou tanto coma Trump pero si que fixeron oídos xordos", asegura Marta Rosique, deputada de ERC.

"Isto de que matou por racismo estará nos tribunais, supoño, estará testficado polos tribunais, porque se non non é certa. E se non é certa, como é ofensiva faremos que desapareza do diario de sesións", di Patxi López, presidente da comisión de reconstrución do Congreso.

"Non me gustaría que desaparecera do diario de sesións", responde Marta Rosique, deputada de ERC.

"Pois desaparecerá", remata Patxi López, presidente da comisión de reconstrución do Congreso.

Noticias web

09/06/2020