CRTVG

Buscar

Unha delegación europea antidroga visita o narcosubmarino apresado hai un mes no Morrazo

Publicado o 17/01/2020 15:23

O primeiro narcosubmarino apresado en Europa fronte ás costas do Morrazo hai máis dun mes continúa nas instalacións da Zona Franca de Vigo. Hoxe, por vez primeira, os medios de comunicación puidemos observar en primeira persoa este somerxible de máis de 20 metros de eslora. No seu interior viaxaban tres tripulantes e agochábanse máis de 3.000 quilos de cocaína.

O motivo desta visita estaba no interese dunha delegación do Centro de Análise e Operacións Marítimas contra o Narcotráfico da Unión Europea. 23 persoas, de sete países membros, achegáronse ata aquí para coñecer as características deste narcosubmarino tras unha reunión previa. Xunto a eles estiveron responsables da Garda Civil, da Policía Nacional, de Aduanas e a propia subdelegada do Goberno. Todos posaron fronte ao somerxible que durante varios días mantivo en alerta as forzas e corpos de seguridade do Estado en colaboración con varios países da Unión Europea tras a súa detección.

Algúns puideron incluso entrar no seu interior para verificar as condicións nas que viaxaba a tripulación e mesmo a droga. Esta operación saldouse con seis detidos. O futuro deste narcosubmarino ditarao a xuíza que leva o caso e que decidiu prorrogar dous meses máis o segredo de sumario.



 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/01/2020