CRTVG

Buscar

Unha coctelería da Coruña camuflada nunha lencería

Publicado o 20/06/2019 08:08

Os bares reinvéntanse. Nós visitamos unha coctelería da Coruña que non parece unha coctelería. Por fóra ten un escaparate; e no escaparate, pezas de lencería. Pero iso é só unha tapadeira, porque por dentro... Vexan todo o que hai dentro.

A xente pasa por diante e dubida. Os máis curiosos e atrevidos finalmente atrévense a entrar... e seguen dubidando. "Que clase de local é este?".

Eles querían romper co habitual e primeiro pensaron nos bares clandestinos da Lei seca.

"Pero un speak easy tradicional, de chamar á porta e abrir unha mira, ía ser moi complicado. Así que decidimos poñer un escaparate", di Miguel, un dos socios do local.

E unha vez atravesado o escaparate, mingua a confusión. A tramposa lencería convértense en historias tecidas, historias ao fío. "Contando historias a través dos cócteles".

A idea é deixarse levar por unha carta de cócteles sempre cambiante. Desta volta, está dedicada ao aventureiro Alexander von Humboldt.

"O importante é que saíu da Coruña hai 220 anos e foi investigar toda América do Sur".

E así o reflicten a cartas, tanto cos mapas coma cos cócteles. Cada cóctel evoca un momento daquela viaxe. Trátase de tomar asento e comezar a viaxar. Viaxar tamén, por suposto, polas voces de bar de toda a vida.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/06/2019