CRTVG

Buscar

Unha clienta deixa pagados nun bar de Ourense os cafés dun mes

Publicado o 16/11/2020 20:55

Entre contenta e emocionada lembra Katy como foi unha das xornadas marcadas en vermello no seu calendario.

Era o última día que abrían tras as novas restriccións impostas á hostelaría, que a obrigaban a botar o peche por un mes. Loli, clienta do bar dende hai anos, decidiu deixarlles un euro por cada café que non ía poder tomar mentres durasen estas medidas.

Tentaron devolverlle os cartos, pero nada, non houbo maneira...

Empatía e solidariedade a partes iguais. A mellor mostra de que algo bo pode saír destes días dífícles que trae consigo a pandemia.

Noticias web

16/11/2020