CRTVG

Buscar

Unha cerimonia sobria lembra as vítimas do atentado contra 'Charlie Hebdo'

Publicado o 07/01/2020 19:51

Fai cinco anos do atentado islamista contra o semanario francés Charlie Hebdo. Unha cerimonia sobria, por expresa petición das familias, acolleu a homenaxe ás 11 vítimas mortais.

Apenas un cento de persoas se congregaron ante a antiga sede do Charlie Hebdo. Outras tantas facíano ante o hipermercado e a rúa onde os terroristas asasinaron, aquel mesmo día, outras 6 persoas.

Cinco anos despois, Charlie Hebdo segue publicándose e abandeirando o xornalismo combativo contra o islamismo.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/01/2020