CRTVG

Buscar

Unha caravana con 1.200 migrantes avanza por México desafiando as autoridades

Publicado o 24/03/2019 12:03

Máis de 1.200 migrantres, na súa maioría procedentes de países de Centroamérica, comezaron este sábado unha camiñada polo sueste de México tras pasar dous meses no estado de Chiapas, e co obxectivo final de chegar á fronteira cos Estados Unidos de América. Desde febreiro levan agardando por un documento de libre tránsito para solicitar asilo en Norteamérica e din estar cansos de non recibilo, polo que se poñen en marcha para evitar as temperaturas de ata 40 graos centígrados que se rexistraban estes días no seu campamento de Tapachula.

Noticias web

24/03/2019