CRTVG

Buscar

Unha camareira salva unha muller que estaba a ser agredida pola parella

Publicado o 08/09/2020 13:26

Os clientes de El Capricho, de Coia, non esquecen a valente actuación da camareira do bar. Interveu cando un home agredía a súa parella e evitou que a cousa fora a máis.
Non era a primeira vez que o home, de 44 anos, protagonizaba un altercado. A muller, de 37 anos, estaba aterrorizada e foi arroupada por todos. A rápida actuación de empregados e clientes do local, que chamaron inmediatamente a policía, fixo que o agresor fora detido e acusado por un delito de violencia de xénero.

Noticias web

08/09/2020