CRTVG

Buscar

Unha botella de auga de 14.000 euros é a estrela en Termatalia

Publicado o 19/09/2019 14:38

Sen dúbida, é a estrela de Termatalia. Esta botella de auga custa 14.000 euros; as do lado, máis de 3.000. Augas de luxo sacadas dos mellores mananciais para os padais máis exquisitos.

Xunto a elas, outras augas máis económicas e con moitos beneficios para a saúde que comparten espazo con alimentos saudables. Os asistentes coñecen como preparalos e tamén as súas propiedades. E non só iso, tamén distintas técnicas de masaxe para aliviar todo tipo de doenzas.

Presente en Termatalia, como non, o espazo balneario, todo tipo de instalacións. Entre elas, esta pisicina cosntruída con contedores marítimos.

Máis de 60 actividades en que os asistentes descobren a cultura da auga e a oferta en turismo de saúde nos 34 países que están representados nesta feira.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/09/2019