CRTVG

Buscar

Unha baionesa crea un dicionario con máis de 1.500 termos propios da vila

Publicado o 03/03/2020 14:32

É Paruca Goce, a responsable de que revivan en papel máis de 1.500 termos propios da vila de Baiona. Decatouse de que Baiona tiña unha fala singular cando os seus fillos se sorprenderon das palabras que usaba e animárona a escribilas.

E do blog ao dicionario. Paruca foi recollendo todas esas palabras da vila e agora o libro pódese adquirir nunha céntrica librería baionesa. Recolle temos moi coñecidos como as filloas ou marruchos, pero outros menos.

Evitar o esquecemento deses termos de sempre é o obxectivo desta lingüista afeccionada, e o libro de seguro terá boa acollida entre os baioneses, xa que algúns precisan repasar.

O libro xerou moita expectación en Baiona, non desbotamos unha segunda edición xa que a consecuencia da presentación son moitos os que chaman a Paruca para comentarlle novas palabras.

Noticias web

03/03/2020