CRTVG

Buscar

Unha avaría deixa sen luz máis de 500 casas e negocios de Poio

Publicado o 07/03/2019 14:06

Unha avaría na rede de subministración eléctrica deixou sen servizo numerosos lugares do concello pontevedrés de Poio o mércores pola mañá. As zonas máis afectadas foron as parroquias de Poio e Samieira. En Campelo, o servizo non se recuperou ata primeiras horas da tarde.

"Estivemos desde as 9 da mañá ata as 4 da tarde. Horrible, non teño negocio pero se o tivese imaxine o que podería pasar". "Na miña casa é todo eléctrico. Meu irmán tiña que ir traballar e comeu un bocadillo. Marchou, pechou o portal que é automático e tivemos que saltar por riba da reixa".

Os cortes de luz afectaron uns cincocentos clientes, entre vivendas e negocios.

"Eu teño cociña de butano, non teño eléctrica. Ademais, na miña casa volveu a luz ás 12.30 ou á 1. Non tiven problema ningún". "Un corte de luz prexudica a todos. Non tes auga quente na casa, ao mellor non podes facer de comer. Todos saímos prexudicados, pero penso que cando hai inclemencias do tempo, os cortes de luz son inevitables".

"Houbo vento pero non me parece que a estas alturas haxa que quedar sen luz por un pouco de vento. Un pouco raro".

Algúns afectados opinan que os cortes de luz se repiten con demasiada frecuencia.

Noticias web

07/03/2019