Abanca compensará os clientes afectados que retiren diñeiro noutros caixeiros

Xornada intensa para a Abanca. Desde este mediodía, os clientes non dan accedido nin á súa web nin á súa aplicación móbil, á banca electrónica. Tampouco funcionan os caixeiros. Abanca confirmou ás dúas e cuarto da tarde o problema. Nun chío de Twitter, a entidade lamenta as molestias creadas e sinala que está traballando para solucionalas. Abanca di que si funcionan correctamente TPV e tarxetas, tamén para pagar en caixeiros.
Esta noite o banco anunciou que compensará os clientes afectados que retiren diñeiro noutros caixeiros. Ademais, explica que segue traballando para solucionar todos os erros da xornada.
Seguimos trabajando para solucionar el fallo en las comunicaciones. Iremos reestableciendo los servicios paulatinamente. Mientras, si necesitas retirar efectivo puedes hacerlo en cualquier red de cajeros y te devolveremos las comisiones generadas.
— ABANCA (@SomosABANCA) 26 de febreiro de 2019