CRTVG

Buscar

Unha aplicación web controla o avance da velutina

Publicado o 12/08/2019 20:02

No 2019 a velutina estará colonizando xa o 64% do territorio galego. Así o prevé o equipo científico que deseña o mapa da avespa asiática en Galicia. Unha aplicación web que calquera pode descargar e que se actualiza constantemente cos datos dos usuarios.

Nin trampas para matar as raíñas, nin destrución de niños, nin sequera os miñatos abelleiros están freando o avance da velutina. Así o reflicte unha nova aplicación da Universidade de Santiago e o Centro de Supercomputación de Galicia. Unha ferramenta que se chama Velumap e que axudará a coñecer a distribución da velutina na nosa comunidade.

"Aquí no Centro de Supercomputación levamos dende o 2018 un proxecto para cartografiar a distribución potencial da velutina e contar coa colaboración cidadá para saber onde está a velutina e poder predecir cal será a súa expansión polo territorio galego", di Luis Rodríguez Lado, director do proxecto VeluMap.

O mapa da presenza da velutina en Galicia actualízase cos datos que envíen os usuarios combinados coas variables do clima. O modelo estima que no 2019 a colonización pode chegar a un 64 por cento do territorio galego.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/08/2019