CRTVG

Buscar

Unha ambulancia cae a un río en Touro con cinco persoas no seu interior

Publicado o 01/10/2019 16:34

Unha ambulancia sufriu esta mañá un accidente de tráfico ao caer a un río no concello coruñés de Touro, con cinco persoas no seu interior, segundo informa Urxencias Sanitarias e Emerxencias 112.

O accidente, debido a unha saída de vía, ocorreu contra as sete da mañá á altura de Bendaña. As cinco persoas que ían na ambulancia para un tratamento de diálise, de entre 54 e 77 anos, estaban accesibles tras o sinistro, se ben precisaron asistencia médida.

O 061 enviou dúas ambulancias asistenciais ao lugar do accidente, onde atenderon dous homes de 77 e 74 anos, e dúas mulleres de 75 e 60 anos, que foron trasladados ao Hospital Clínico de Santiago.

Así mesmo, asistiron un home de 54 anos, que foi derivado á clínica Souto Boo.

O condutor da ambulancia deu negativo no control de alcolemia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí