CRTVG

Buscar

Unha aldea de Ourol, sen cobertura de móbil

Publicado o 26/11/2020 21:12

Por moito que proben, non conseguen chamar nin recibir chamadas. Os vinte veciños desta aldea de Caxoto, no concello lugués de Ourol, non teñen cobertura na telefonía móbil e deben desprazarse un quilómetro e medio para conseguila. Din que o seu día a día é moi complicado porque ás veces non poden recibir as chamadas, por exemplo, do médico, nin tampouco chamar un taxi para unha urxencia.

Os veciños levan anos reclamando unha solución pero sen resposta. Só lles din que sería necesario instalar un poste que custa 72.000 euros.

Noticias web

26/11/2020