CRTVG

Buscar

Un xulgado de Vigo multa o condutor dun pseudopatinete por levalo sen seguro

Publicado o 24/09/2020 19:20
Un xulgado de Vigo multa o condutor dun pseudopatinete por levalo sen seguro

Sentenza pioneira en Galicia. Un xulgado de Vigo multa o condutor dun vehículo a motor de dúas rodas que superaba os 25 quilometros á hora e que carecía de seguro obrigatorio. O xuíz argumenta que o aparello implicado non é un patinete eléctrico, un ciclo ou un vehículo especial para mobilidade persoal, senón que, polas súas características, constitúe claramente un vehículo que se propulsa mediante un motor eléctrico e que, polo tanto, precisa da contratacion dun seguro.

O xuíz rebaixa de 1.000 a 601 euros a multa que lle impuxera a Xefatura de Tráfico ao condutor xa que, segundo o maxistrado, non houbo intencionalidade, reiteración, nin prexuízos a terceiros.

Esta sentenza é pioneira e despexa dúbidas sobre a condución deste tipo de vehículos que sempre debe ser axustada ao ordenamento xurídico



 

Noticias web

24/09/2020