CRTVG

Buscar

Un xuíz estadounidense ordena a procura de posibles votos extraviados

Publicado o 04/11/2020 00:49
Un xuíz estadounidense ordena a procura de posibles votos extraviados

Un tribunal federal estadounidense ordenou este martes unha inspección minuciosa das instalacións de procesamento do Servizo Postal en varios estados do país en busca de votos por correo que se poidan extraviar ou reter.

A pedimento de varios grupos defensores dos dereitos civís, ordenou aos inspectores postais rexistrar máis de dúas ducias de instalacións de correos en busca de votos que quedasen atrasados ou extraviados para envialos inmediatamente.

A orde inclúe centros de procesamento do Servizo Postal en quince estados, incluídos A Florida, Michigan, Pensilvania, Xeorxia, Wisconsin e Carolina do Sur, entre outros estados considerados clave nas eleccións.

Noticias web

04/11/2020