CRTVG

Buscar

Un xabaril ataca os veciños de Guláns e fere catro persoas, unha delas grave

Publicado o 27/03/2019 17:34

Na parroquia de Guláns, en Ponteareas, continúan aterrados despois do ataque dun xabaril aos veciños. O animal feriu catro persoas, unha delas grave, e un can. Os veciños contan que pasaron momentos de pánico e que seguen asustados. As forzas de seguridade buscaron o xabaril, que finalmente apareceu morto. 

A primeira vítima foi este can. O xabaril entrou na leira e atacouno. O seu dono intentou salvalo e tamén quedou ferido.

A peor parte levouna un home, que quedou gravemente ferido cando acudiu na axuda dunha muller de 86 que estaba sendo atacada polo xabaril. A filla da octoxenaria tamén quedou ferida polo porco bravo.

Garda Civil, bombeiros e dúas ambulancias trasladáronse ata a zona. Tras buscar o xabaril, este apareceu morto nuha viña sen que se coñezan as causas.





 

Noticias web

27/03/2019