CRTVG

Buscar

Un voo con destino Vigo aterra en Asturias polas malas condicións meteorolóxicas

Publicado o 03/11/2019 10:57
Un voo con destino Vigo aterra en Asturias polas malas condicións meteorolóxicas

As malas condicións meteorolóxicas tamén están a ter consecuencias no transporte aéreo. Nas últimas horas, un voo procedente de Valencia con destino Vigo tivo que ser desviado ata o aeroporto de Oviedo. O avión de Air Nostrum tentou tomar terra primeiro nas terminais da Lavacolla e Alvedro pero, finalmente, aterrou en Asturias. A pasaxe foi trasladada a Galicia en autobús.

Noticias web

03/11/2019