Un vehículo envorca nun accidente de tráfico no concello coruñés de Oleiros
Publicado o 06/07/2020 15:30
Aparatoso accidente de tráfico esta mañá na Nacional Sexta, á altura de Iñás, no concello coruñés de Oleiros.
Dous vehículos colidiron e un deles envorcou, quedando ferido o condutor deste último. Quedou atrapado co cinto de seguridade. Cando chegou ao lugar un equipo de Emerxencias de Oleiros conseguiron liberalo cortando o cinto.
Tras ser atendido nun primeiro momento no lugar dos feitos, finalmente unha ambulancia do 061 trasladouno ao Complexo Hospitalario da Coruña.
O sinistro causou importantes retencións de tráfico ata que, contra a unha da tarde, un guindastre retiraba os coches accidentados da zona.