CRTVG

Buscar

Un veciño de Vilagarcía non consegue que retiren un cable de telefonía que atravesa o seu patio

Publicado o 19/02/2020 14:32

Impotencia é o que sente Norberto Garanjer, un veciño de Vilagarcía que leva meses intentando que lle retiren un cable de telefonía que atravesa o patio da casa que acaba de comprar.

Inicialmente, o cable estaba pendurado a pouco máis dun metro do chan diante da porta da vivenda. Reclamou e enviáronlle un operario, que o único que fixo foi subir un pouco o cable e atalo á antena da televisión para que non batesen con el.

Ante a pasividade da operadora de telefonía ás súas demandas, Norberto presentou unha reclamación ante a Secretaria de Estado para o Avance Dixital, o ente con competencias na materia, e a súa sopresa foi maiúscula coa resposta: recoméndanlle que, se quere solucionar o problema, terá que presentar unha denuncia no xulgado. Unha vía que non satisfai o dono da vivenda, porque lle suporía un desembolso económico superior aos mil euros.

Noticias web

19/02/2020