CRTVG

Buscar

Un veciño de Vilaboa, investigado por maltrato animal: tiña os cans esfameados e en mal estado

Publicado o 27/09/2019 19:49

Un veciño de Vilaboa, de 32 anos, está sendo investigado pola Garda Civil de Arteixo por maltratar, presuntamente, dous cans.

A Garda Civil constatou que os animais se atopaban amontoados nun inmoble en Sabón. Tiñan unha aparencia esquelética e que estaban rodeados de feces e outros restos biolóxicos.

Dada a gravidade dos feitos, localizouse o responsable dos cans, quen argumentou que a pesar de que "lles proporcionaba auga, alimentos e un ambiente hixiénico adecuado", os cans non se repoñían dunha suposta enfermidade que padecían. 

Por todo iso, pedíronlle ao dono que levase urxentemente os animais ao veterinario para que os trataran. Un informe da Facultade Veterinaria concluíu que non padecían tal enfermidade, senón unha carencia nutricional crónica. 

Os cans quedan, polo de agora, co seu dono aínda que baixo a vixilancia da autoridade xudicial.