CRTVG

Buscar

Un veciño de Tui ten unha gran colección de selos do Camiño de Santiago

Publicado o 01/02/2019 17:16

E hoxe achegámonos ata Tui para coñecer a Carlos Pérez-Fonterosa, un coleccionista de selos que conta con máis de 10.000 exemplares. A súa afección pola filatelia comezou de neno e, con case 90 anos, segue sendo a súa paixón. Entre outras curiosidades, posúe a maior colección de selos dos camiños de Santiago, que foi exposta na China para promover o Xacobeo.

É Carlos Pérez-Fonterosa. Neste cuarto pasa horas e horas rodeado da que é a súa paixón dende os oito anos.

E dende entón non deixou de coleccionalos. A súa paixón pola filatelia nada ten que ver co negocio. O único que lle interesa dos selos que colecciona é o seu valor emocional e a información histórica e artística que agochan.

Algúns dos seus selos mesmo viaxaron ata A China para promover o Xacobeo. A piques de facer os noventa, e mentres a saúde llo permita, Carlos non pensa en deixar de coleccionar.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/02/2019