CRTVG

Buscar

Un veciño da Coruña descólgase pola fachada dun edificio para agasallar un neno polo seu aniversario

Publicado o 10/04/2020 20:14

Para todos os nenos que fan anos durante o confinamento está a ser un aniversario especial. Héctor fai hoxe seis anos. Os seus veciños dunha rúa da Coruña quixeron que fose un día especial para o pícaro. Un deles, empregado dunha empresa de traballo vertical, descolgouse pola fachada dun edificio vestido cunha capa de superheroe, mentres o resto da veciñanza aplaudía a Héctor. Non puido saír da casa, pero Héctor nunca esquecerá este 10 de abril.

Noticias web

10/04/2020