CRTVG

Buscar

Un turista alemán foi sorprendido con sete quilos de ameixa recollida ilegalmente en Poio

Publicado o 21/06/2019 17:14

Os mariscadoras e mariscadores da Confraría de San Telmo de Pontevedra traballaban este mediodía na praia de Cabeceira. É o mesmo grupo en que o mércores pola mañá se introduciu un turista alemán cando apañaban na praia da Reiboa. O home anda coa familia nunha caravana e tíñaa aparcada preto do areal. Cando estaban os da confraría a traballar na colleita da ameixa, meteuse no grupo co seu cubo e foi collendo das máis grandes ata os sete quilos. Ninguén dos mariscadores alertou do intruso, foi un que estaba de baixa e paseando quen avisou os axentes. Estes chamaron a policía local de Poio, que lle requisaron o caldeiro, volveu as ameixas ao mar e formulou a denuncia por unha infracción administrativa contra o visitante xermano.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/06/2019